A Banda de gaitas de Barbude nace, ala polo ano 1998 nunha pequena parroquia de A Estrada, ligada á Asociación Amigos do Castro de Barbude. Neste longo percorrido a agrupación foi evolucionando e modelándose tentando ser o máis fiel á música tradicional, inda levando consigo o nome de banda, que non é máis que unha simple palabra que non deixamos que inflúa na nosa idea de tradición. 18 anos traballando con ganas e esmero, viaxando pola xeografía Española, Portugal e Francia, deixan detrás nosa dous traballos discográficos no mercado, unha escola de música e baile tradicional e como non, unha agrupación que conta xa con máis de 35 compoñentes.
Somos fieis a música tradicinal.
Impártense clases de solfexo, acordeón, gaita, percusión tradicional e baile.
Na nosa escola son benvidas todas aquelas persoas que queiran aprender música e baile tradicional.
Ao igual que tódolos anos, o vindeiro sábado 24 de xuño pola tarde, teremos a
Setembro achégase e con el o comezo do novo curso. Consulta horarios e prezos sen
A asociación cultural de música tradicional de Barbude organiza un xantar homenaxe a D. Xosé
A nova asociación Escola de Música tradicional de Barbude e a Banda de gaitas de
A través do seguinte formulario pódeste por en contacto con nos.