Unha volta polo medio, outra polo dárredore, así fai o que ben baila, así fai o bailadore. As clases de baile tradicional impártense os Sábados en dous grupos diferenciados por niveis. Contamos cunha ampla aula con espellos para maior comodidade e perfeccionamento da técnica. Tamén facemos un curso intensivo con mestres especializados en baile e danza tradicional. Para máis información podes poñerte en contacto con nós accedendo dende o menú a Contacto.