O pandeiro sen ferreñas e as ferreñas sen pandeiro,son como a barca sen remos e os remos sen mariñeiro. Un dos instrumentos de percusión tradicional que podes aprender a tocar na nosa escola é a pandeireta. Como novidade, este ano, tamén teremos clase de cunchas e canto tradicional. As clases impártense os venres pola noite e os sábados pola tarde. Para máis información podes poñerte en contacto con nós accedendo dende o menú a Contacto.Gustosamente darémosche toda a información que precises como prezos, horarios…etc.